Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CINEMA STICADO: PYKA: o corazón na eclipse

Teatro visual • Monicreques de tamaño humano • Cine ao vivo • Música en directo •

O íntimo faise público
Acompañados pola música en directo do Trío Caspervek, Cinema Sticado volve á carga cunha emocionante viaxe polo íntimo da memoria a través dunha ollada poética que recorda, que descobre, que transforma.
PYKA é a historia e o remake dunha película desaparecida. O punto de partida é un relato familiar de Helena Varela que sitúa a súa avoa Gelines como única testemuña dunha película de animación do director de cine Sergei Eisenstein, en colaboración con Olga Lebèdev, e da cal só queda un documento sonoro e o seu título: PYKA.
Ficha artística:
Actores/manipuladores: Helena Varela e Xosel Díez
Músicos: Brais González (piano), Raquel Fernández (violín) e Blas Castañer (percusión)
Creación: Xosel Díez e Helena Varela
Dirección: Xosel Díez
Dramaturxia: Julio Fer e Xosel Díez
Monicreques humanos: Xabi Varela
Música orixinal: Brais González
Iluminación: Julio Fer
Escenografía: Xosel Díez
Vestiario: Helena Varela
Duración aproximada: 80 min
Idioma: Galego
Público: a partir de 16 anos

pyka

Datas anteriores

25 de outubro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 6 euros (Día do espectador). Venda anticipada de entradas en Abanca e no despacho de billetes do Salón Teatro dúas horas antes do comezo de cada función e ata completar a capacidade, limitada ás restricións sanitarias en vigor en cada momento na cidade. Etiqueta Sanitaria para asistir ao Salón Teatro.