Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CINEMA STICADO: STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula

Cine ao vivo • Performance • Monicreques • Obxectos • Sombras • Proxección de video • Imaxe, son e música en directo •

Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras. Intriga, corrupción, asasinatos… e unha fuxida inesperada. Quererás ver máis.
Un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política.
Ficha artística:
Compañía: Cinema Sticado
Creación: Xosel Díez (Es) e Helena Varela (Es)
Debuxos: Xabi Varela (Es)
Programación Pure Data: João Pinheiro (Pt)
Iluminación Led: Man Núñez (Es)
Decorados: Nola Rivera (Es)
Agradecementos especiais: Katja Vetter (Nl) (polo seu patch de Audio Slice/Jockey)
Performers en directo: Xosel Díez e Helena Varela
Tipo de espectáculo: Cine ao vivo
Xénero: Intriga
Duración aproximada: 60 Min
Público: xuvenil e adulto

strpts_ep1

Datas anteriores

23 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 euros (6 euros con desconto). Venda anticipada de entradas en Abanca e no despacho de billetes do Salón Teatro dúas horas antes do comezo de cada función e ata completar a capacidade, limitada ás restricións sanitarias en vigor en cada momento na cidade. Etiqueta Sanitaria para asistir ao Salón Teatro.