TEATRO DO ATLÁNTICO: De Abrentes e Ocasos + acto 35 aniversario
35 ANIVERSARIO DE TEATRO DO ATLÁNTICO
Dirección: Xúlio Lago
Elenco: María Barcala, Aleixandre Lago, Xúlio Lago
Co recurso da voz, do corpo e mais da música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza.
Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a violencia de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra; o espazo dos soños….; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua galega. Nesta intensa e emotiva viaxe acompáñanos a palabra de vinte e dous poetas:
O.Kayyám/Plácido Castro:
Rubaiyat (escolma)
Uxío Novoneyra:
Os eidos (escolma)
Marta Dacosta:
A auga foi muller /
Exhibo o meu corpo /
21 anos
Eduard Velasco:
Eu quería escribir sobre o lugar
Fiz Vergara Vilariño:
Tivera eu, amor
Sophia De Mello:
Polas túas mans /
É o teu rostro
Inma López Silva:
Unha burbulla de amor cósmico
Manolo Rivas:
A negra terra /
Televisión /
Fonema
Eduardo Blanco Amor:
Romance de outono
Xúlio L.Valcárcel:
Olores /
Naemor Kabull
Antía Otero:
Antes /
As casas deixan cicatrices /
Sabes cando nas mudanzas
Salvador García Bodaño:
Nacín no piso vinte
Pilar Pallarés:
Á tarde, cun can e un libro
Luísa Villalta:
E estoupa o día
Xosé Mª Álvarez Cáccamo:
O Banco Mundial
Olalla Cociña:
Formula o seu desexo
Enma Pedreira:
Cinsenta /
O traxe novo do emperador
Miguel A. Fernán Vello:
Os repatriados
Xosé L. Méndez Ferrín:
Estirpe /
Quero vivir
Avilés de Taramancos:
Se solto a voz no mar
Álvaro Cunqueiro:
Deloutro lado das montañas
Eva Veiga:
Meu avó dixo
Espectáculo poético-musical (O noso agradecemento a Antonio Francisco Simón, Tino Viz e Loli Viñas pola súa colaboración).