Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

MÉRCORES DE VARANDA: Concerto de Dequenvessendo

CENTENARIO SALÓN TEATRO 1920—2020

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999.

Dequenvessendo é un novo grupo folk que aparece en 2016 a través da xuntanza duns rapaces cunhas mesmas inquedanzas musicais e culturais. A pesar da súa curta traxectoria este grupo xa conta con varios premios no seu haber, e entre eles o prestixioso premio do Festival de Ortigueira, Runas 2019.

Este novo grupo xa teñen tocado en numerosas localidades, dentro de Galicia como en diferentes puntos da península ibérica.

Este grupo revelación de música folk/celta busca a inspiración do seu primeiro traballo discográfico (Canto das Xacias), composto de 11 cancións, na auga e na mitoloxía que está relacionada con ela; un dos elementos máis atraentes e á súa vez descoñecidos na antiga Europa atlántica.
Ficha artística:
BIEITO ROMERO DIÉGUEZ Gaita e frauta travesera
IRENE CERQUEIRO ESPINOSA Voz, frauta travesera e teclado
PABLO ROSALES REBOIRAS Whistle, zanfona e gaitas
NATAHEL MARCELO REGUEIRO RODRÍGUEZ-ARGUIBEL Teclado e guitarras
MIGUEL OCAMPO BERMÚDEZ Percusión
MIGUEL ROSALES REBOIRAS Acordeón diatónico e Teclado

dequenvessendo

Datas anteriores

14 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: A entrada será gratuíta, previa retirada no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do inicio das actuacións e ata completar a capacidade, que nestes momentos está restrinxida a 60 persoas de acordo coas medidas de control sanitario vixentes na cidade. Etiqueta Sanitaria para asistir ao Salón Teatro.