Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

INCENDIARIA en coprodución co CDG: Microspectivas dun marica millennial

USCénica. Festival de artes escénicas

Compañía: Incendiaria

Microspectivas dun marica millennial nace das conversacións con Luís e Martín.
Nace da intimidade compartida. Desa intimidade máis persoal: A INFANCIA
O concepto base do proxecto é a memoria. Un recordo que reaparece cando Luís e Martín falan das fotografías de cando eran pequenos.
Do libro de Little Joe "Acórdome", "Acórdome, vinte e tres memorias de vinte e tres homes gai. En homenaxe ao auténtico Acórdome de Joe Brainard". De " We can be heroes" de Roberta Marrero.
Nace da necesidade de atopar as accións, os movementos, a poesía e a música que ferven na memoria máis física da miña infancia marica.
Microspectivas dun marica millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar as certezas impostas que predestinan a construción da identidade.
A partir da música e as artes do movemento, Microspectivas dun marica millennial ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente.
Ficha artística:
Idea orixinal: Davide González
Dramaturxia: Davide González e Vanesa Sotelo
Dirección: Vanesa Sotelo
Interpretación: Davide González
Iluminación: Laura Iturralde
Espazo escénico: Carlos Alonso
Indumentaria: Carlos Alonso e Davide González
Sonoplastia: Davide González
Fotografía: Laura Iturralde e Lucía Estévez
Vídeo: Lucía Estévez
Voz en off: Eduardo Cunha "Tatán"
Agradecementos: ESAD de Galicia, Luís Fero, Martín Añel, Antía Veres, Jose Faro "Coti", Julio González Vaz, Caterina Varela, Félix Fernández, Rut Balbís.

Datas anteriores

10 de xullo
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada: 3 euros. Despacho de entradas aberto desde as 19.00 h.