Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

PT EXCÉNTRICAS en coprodución con TEATRO DO ADRO: Cartoóns

Autores: Víctor Mosqueira e Josito Porto
Dirección: Víctor Mosqueira

Dous tipos abandonados nas marxes do sistema. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo. Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e converten en luxo o noso lixo.

Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

O cartón serviralles para construír casas, tubaxes do gas, cortinas das xanelas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredóns, motos, parasol de praia, anteollos, esquís, ponchos, avións, emparrados... en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

Cartoóns forma parte da celebración do 15º aniversario de Excéntricas (2004-2019) e supón o primeiro espectáculo da compañía para público infantil.
Ficha artística:
Autores: Víctor Mosqueira e Josito Porto
Dirección: Víctor Mosqueira
Elenco: Víctor Mosqueira e Josito Porto
Escenografía e deseño: Marcelino de Santiago "Kukas"
Iluminación: Pepe Quintela
Dirección musical: Josito Porto
Produción: Rubén G. Pedrero
Apoio na dirección: Quico Cadaval
Recomendada para un público familiar con nenos e nenas de máis de 4 anos

Ligazóns relacionadas:
cartoons

Datas anteriores

3 de novembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

31 de outubro - 2 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

30 de outubro
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)