Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

REDRUM TEATRO: A nena que quería navegar

Texto: Borja F. Caamaño e Alex Sampayo
Dirección: Alex Sampayo

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, lle devolverá a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós se agocha un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades, seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
Ficha artística:
Elenco: Carlos Álvarez-Ossorio, Guillermo Carbajo e Laura Míguez
Colaboración especial: Marián Bañobre, Fernando González e Arantza Villar
Vestiario e monicreques: Diego Valeiras
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Música: Suso Alonso

nena_queria_navegar

Datas anteriores

14 de maio - 15 de maio
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)