Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TALÍA TEATRO: Pelos na lingua

Texto: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende
Dirección: Avelino González

Un divertido espectáculo-colaxe que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega. Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, aos políticos, aos mestres, ao alumnado, aos actores, ás actrices, aos carpinteiros, ás carpinteiras, a todos e a todas.
Ficha artística:
Dirección: Avelino González
Texto: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende
Elenco: Toño Casais, María Ordóñez e Artur Trillo
Vestiario: Marcia Edletisch
Iluminación: Dani Pais
Música: Mano Panforreteiro
Coreografía: Ánxela Blanco
Duración: 70 minutos
Idade recomendada: N.R.M. 13 anos

pelos_na_lingua

Datas anteriores

21 de xaneiro
/// 12.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

21 de xaneiro
/// 10.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

12 de febreiro
/// 10.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)