Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

COLECTIVO MARCIANO BALBOA: O Inevitable

En colaboración co Festival Escenas do Cambio

Creación e interpretación: Diego Anido e Borja Fernández

En escena teñen lugar os preparativos, accións, pensamentos, documentos e devezos de Antonio, unha persoa común que prepara a súa grande "acción humanitaria" co único fin de salvarse a si mesmo. Son as últimas 24 horas dun lobo solitario.

Un dispositivo de son alterado e manipulable recrea as minúsculas accións que compoñen a intimidade deste habitante do invisible mundo dos anxos e demos, esta rutina alucinatoria dun observador da vida allea, que busca insaciablemente referentes nos que reflectir as súas fobias e mitificar os seus actos.

Os recursos visuais e proxeccións funcionarán como escena aumentada do que ocorre en directo: diapositivas, planos detalle e fragmentos pregravados. Tamén haberá cadeiras voadoras e cordas flotantes, seitas patafísicas e remakes gloriosos de historias universais.

Con este proxecto nace tamén un novo colectivo, chamado Marciano Balboa. O Inevitable é o seu primeiro directo, unha historia sobre a estupidez humana e o fanatismo relixioso. Que sucederá?
Ficha artística:
Iluminación: Laura Iturralde
Música orixinal: Pablo Rega
Colaboracións: Pazo da Cultura de Carballo, Colectivo Rpm, Residencias Paraíso e Teatro Ensalle
Dentro de Festival Escenas do Cambio
Duración: 80 min

Ligazóns relacionadas: Documentos relacionados:
o_inevitable

Datas anteriores

10 de febreiro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)