Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

MALASOMBRA PRODUCIÓNS: D.E.P.

Autoría: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez
Direccción: Marcos Orsi

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: "que mamá morra axiña por favor! ".
D.E.P. mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: A PELEXA POLA HERDANZA. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda NON ESTÁ MORTA.
¿Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo?
Como din os expertos: "Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre".
Ou como dicían as nosas avoas: "A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños".
Isto é D.E.P. Unha comedia, claro.
Ficha artística:
Elenco: Jouse García e Xoque Carbajal
Traducción e adaptación: Xoque Carbajal
Escenografía: Kukas
Iluminación: Xulio Lago
Xénero: Comedia
Clasificada: Adultos
Recomendada: A partir de 14 anos
Duración: 75 minutos

dep

Datas anteriores

19 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)