Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

BERROBAMBÁN + ARCA DE N.O.E en coprodución co CDG: Doppelgänger

Texto: Paula Carballeira
Dirección: Chiqui Pereira

En certo momento, un home sente que a súa sombra cobra vida, que hai outro home, igual a el, que segue os seus pasos pero cuestiona as súas decisións. Desde entón, cada un deles adopta actitudes radicalmente distintas ata chegar ao odio mutuo. Deben separarse para non terminar destruíndose e así viven as súas vidas, independentes e loitando polo que cada quen considera xusto ata que volven atoparse, como as dúas caras dunha mesma moeda.

Baixo a aparencia dun proceso de ensaio, Doppelgänger mostra a procura dunha dramaturga para contar a súa historia: a de dous irmáns loitando en bandos contrarios.
Ficha artística:
Elenco: Juan Diego Alzate, Jose Ricardo Alzate e Paula Carballeira
Escenografía: Paulina Restrepo
Vestiario: José Campanari
Iluminación: Miriam Rodríguez
Música: Juan Diego Alzate e Merender Swing
Asesoría coreográfica: Olga Cameselle
Asesoría de dirección: Nuria Sanz
Produción executiva: José Ricardo Alzate e Chiqui Pereira
Auxiliar de produción: María Rosendo
Outras entidades coprodutoras: El Arca De N.O.E. (Medellín, Colombia)

doppelganger

Datas anteriores

27 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

25 de xaneiro
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

24 de xaneiro - 26 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)