Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

PROXECTO PANK e FUNBOA ESCÉNICA: Masa Madre + Sal Marina

Creación, dramaturxia e interpretación: Cristina Balboa e Manuel Parra García
Dirección: Cristina Balboa

Masa Madre + Sal Marina é o título dunha canción, a canción que naceu do encontro de Cristina e Manuel. Manuel e Cristina atopáronse e decidiron que querían facer teatro xuntos. Logo decidiron que preferían esquecer o teatro e dedicarse á música, compensando a súa falta de talento musical co entusiasmo que lles produce escoitar un temazo, ou formar parte del. Así foi como Cristina e Manuel decidiron deixar de sufrir e abrazar o pracer de estar aí e cumprir os seus soños. Porque o seu verdadeiro soño, o que sempre quixeron ser, é auténticas estrelas do pank.
Ficha artística:
Escenografía: Manuel Parra García
Iluminación: Afonso Castro
Audiovisual: Cristina Balboa e Miramemira
Produción executiva: Cristina Balboa e Manu Lago
Colaboradores: Iberescena, Centro Sociocultural de Santa Marta (Concello de Santiago de Compostela), Casa Inverso (Guadalajara/Jalisco) e Teatro Ensalle (Vigo)

masa_madre

Datas anteriores

11 de xaneiro - 12 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Tarifa xeral: 8 euros. 40% de desconto a estudantes, maiores de 65 anos, usuarios do carné xove, desempregados, familias numerosas, xornalistas, profesionais das artes escénicas. Prezo do bono "Ciclo Pank 2019": 10 euros (inclúe entradas para "Eso que vi" 13 de xaneiro e "Masa Madre + Sal Marina" 11 ou 12 de xaneiro). Só no despacho de billetes.