Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

APORÍA ESCÉNICA: 6 cubos negros en corpo branco

Dirección e texto: Diana Mera
Elenco: Nerea Brey, Lucía Hernández, Diana Mera, Marta Pérez, Rosa Puga e María Salgueiro

Seis actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola onmipresenza do frío que emana do gran frigorífico branco, suspendidas no tempo, a cabalo da dúas épocas, a analóxica e a dixital.

Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á organicidade, nunha inquietante atmosfera na que destacan os queixidos do violín.

Trátase dunha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.
Ficha artística:
Escenografía: Diana Mera
Vestiario: Carlos Pinilla
Iluminación: Javier Quintana
Música orixinal: Pablo Prego

6cubos

Datas anteriores

13 de maio
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 5 € (día do espectador).

10 de maio - 12 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 euros. (40% desconto: estudantes, xubilados, maiores de 65 anos, usuarios do carné xove, desempregados, familias numerosas, grupos a partir de 10 persoas, xornalistas, profesionais das artes escénicas e membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC).).