Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CAIR CIRCO: Erori

Dirección: Natalia Outeiro
Elenco: Arile Azkue, Alejandro Costas, Santiago Montero e Óscar Páez

Cair é un espectáculo de circo e acrobacias no que accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continuos golpes e caídas caóticas que contrastan con coreografías visuais de danza e malabar. A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o universal están presentes nas disparatadas rutinas de circo.

Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense cando se ven, pero coñécense dende toda a vida. Imítanse, xogan, divírtense todos a unha. Chaman á porta do humor para ridiculizárense, danzan con pisotóns e perséguense arriscando a súa vida por un maletín sen sequera coñecer o seu contido.

Un espectáculo construído cunha dramaturxia non liñal que cada espectador vivirá, interpretará e rirá dunha forma persoal e diferente.

Esta peza busca sensibilizar á comunidade escolar respecto ás condutas máis habituais contrarias á convivencia, percibidas polo alumnado de ensinanzas obrigatorias dentro do programa Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 que promove a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ficha artística:
Escenografía: José Perozo
Iluminación: Xacobo Castro
Música Orixinal: Pablo Prego
Xéneros: circo e clown
Duración: 60 minutos
Público: Familiar

Ligazóns relacionadas:
erori

Datas anteriores

5 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

2 de maio - 3 de maio
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)