Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

A FEROZ: Afterparty

Texto e dirección: Lorena Conde

Tiñan a festa preparada, dicían. Era para ti. A que che estaban montando ía ser de traca. Había de todo. E gratis. Estábancha a preparar a forza de levantarse ás sete seis días á semana, corenta e oito semanas ao ano, ano tras ano tras ano tras ano. Todo para que tiveras o que non tiveron, para que chegaras a onde non chegaron.
Desde 1975 xuróusenos que, se as notas non baixaban o ano seguinte, se non nos metiamos drogas e non nos xuntabamos con malas compañías, estaba todo feito. Pero non é. A cambio imos de pedrada en pedrada, recollendo os restos da festa para reconstruíla unha e outra vez. Somos a xeración que herdou os restos. Os que bebemos de vasos usados e comemos as sobras. Pero agora chegamos e, xa que estamos aquí, ímola montar.
Afterparty é un artefacto escénico no que a letra, a música, o espazo e o corpo medran á vez nun proceso de creación interdisciplinar. Unha peza que fala da decepción, do empeño na felicidade e das preguntas que se fai unha xeración que chegou tarde a todo. Nesta montaxe constrúe un relato emocional no que reina o espírito do lixo, do exceso posmoderno, do Estudio 54 ás 11.00 da mañá, dos restos das vodas de Canaan.
Ficha artísitica:
Elenco: Lolo Castro, Gustavo Freire, Beatriz Romero e Inés Salvado.
Escenografía: Cecilia Castro Mosquera e Álvaro G. Mallo
Iluminación: A Feroz
Espazo Sonoro: Manuel Abraldes
Produción: Beatriz Romero
Con colaboradores sorpresa

afeterparty

Datas anteriores

2 de xuño
/// 19.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

1 de xuño
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

11 de febreiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 6 € (día do espectador).

9 de febreiro - 10 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 euros. (40% desconto: estudantes, xubilados, maiores de 65 anos, usuarios do carné xove, desempregados, familias numerosas, grupos a partir de 10 persoas, xornalistas e profesionais das artes escénicas).