BAOBAB TEATRO: Pum, Pum!
Dirección: Óscar Ferreira
Elenco: Davide González e Andrea Bayer
Marieta é coma calquera nena de 5 anos, rodeada de portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere. Mais Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e ninguén escoitou. Por iso Marieta ás veces non fala e queda calada. Por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.
Pum, Pum! é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: dende moi
pequenos/as teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non
queren.
Esta función está enmarcada dentro da campaña da Consellería de Política Social 37MilSorriSOS contra os abusos sexuais.
Ficha artística:
Guión: Andrea Bayer
Deseño de iluminación: Daniel Abalo
Música orixinal: Davide González
Música nana: Elena Paz
Deseño de escenografía: Óscar Ferreira
Escenografía e títeres: Óscar Ferreira e José Manuel Vidal
Produción: Baobab Teatro
Material audiovisual e foto: Víctor Moreno (Lía films)
Xéneros: teatro, monicreques, música
Duración: 50 minutos
Público: Público Familiar
Ligazóns relacionadas: