Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

INVERSA TEATRO: Fémina Sapiens

Texto e interpretación: Marta Pérez
Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio

Fémina Sapiens é un "sólo" teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens, ou se, pola contra, somos máis proclives á involución.

Fémina Sapiens é "unha" personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.

Seguindo a liña da compañía Inversa Teatro, o espectáculo tenta reflexionar arredor da temática da filosofía e o feminismo a través da traxicomedia.
Ficha artística:
Escenografía e vestiario: Eufrasio Lucena-Muñoz.
Técnico: Ángel Sousa
Produción: Inversa Teatro
Espazo Sonoro: Ronett Studio.
Iluminación e audiovisual: Carlos Alvarez-Ossorio
Fotografía: Gus Abreu
Deseño Gráfico: María Rodriguez

femina_sapiens

Datas anteriores

15 de decembro
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

14 de decembro - 15 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 euros.