Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

MÚSICA E MOVEMENTO PARTILLADOS

Encontro Cultural Universitario Galicia / Norte de Portugal


Música e Movemento Partillados é un encontro cultural universitario das universidades galegas e as tres do norte de Portugal. Desde hai tres anos, esas seis universidades traballan nun proxecto de cooperación cultural eurorrexional dentro do marco da Fundación CEER relacionado coas artes escénicas e musicais baixo o epígrafe ‘Música e Movemento Partillados’. A idea xurdiu da necesidade de compartir a cultura e a actividade artística xerada nesas institucións e de abrir unha canle de difusión cultural universitaria transfronteiriza que permita establecer sinerxías e fortalezas entre elas nese ámbito.

A sesión comezará coa proxección das tres curtas gañadoras do XV Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo nas modalidades de narrativa, animación e vídeo experimental. Logo, o grupo da Escola de Teatro da Aula de Teatro da USC ofrecerá a peza Sonche bicos, seguida das coreografías Clásicos Max Mix do Grupo de Danza Contemporánea da Universidade da Coruña e A trigonometría do strip-tease do Espazo de Danza da USC. O programa rematará co espectáculo Projeto 31 horas, de ‘Sons do Douro’, un colectivo vencellado á Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro que transforma pipas de viño en instrumentos musicais, mesturando os sons da percusión tradicional portuguesa cos ritmos contemporáneos.

Esta segunda edición de MMP Música e Movemento Partillados conta co co financiamento do Concello de Santiago de Compostela, da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Programa IACOBUS Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal, así como coa colaboración da Agadic.
mmp

Datas anteriores

29 de novembro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada gratuíta previo paso polo despacho de billetes