XVI FESTIVAL DE TEATRO AFECCIONADO "AGUSTÍN MAGÁN": Bernarda
Compañía Lohengrín Teatro. (Vigo)
Versión de Pablo Iriarte da obra escrita por García Lorca. Nesta peza destaca a creación dun novo personaxe, A Casa, creada en forma de coro vocal que nos vai relatando o que se intúe e non se ve dentro da casa. A obra compleméntase cun repertorio do poemario do mesmo autor.
Drama
Todos os públicos
Festival organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG.