Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

A PANADARÍA en coprodución co CDG: Elisa e Marcela

Autoría: Gena Baamonde, Esther F. Carrodeguas e A Panadaría
Dirección: Gena Baamonde

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña.

Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da Historia de Galicia.
Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.
Ficha artística:
Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Música: Ailén Kendelman
Vestiario e Caracterización: Fany Bello
Iluminación: Montserrat Piñeiro e Laura Iturralde

elisa_e_marcela

Datas anteriores

29 de outubro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

26 de outubro - 28 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)