Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Taller "A través do Aire". Adestramento físico

Impartido por Daniel Abreu


Daniel Abreu centra o seu proceso de ensino no corpo para o uso axeitado dende o coñecemento físico, os seus límites e posibilidades. Aínda traballando desde a danza formal, achégase á estrutura do corpo dirixido e apoiado, o corpo xestual e en movemento. E todo isto bailando.

Aproveitará os nosos coñecementos para profundar na estrutura do corpo e na súa mobilidade. A conciencia de apoios, peso, impulso, dirección, proxección... A técnica como un instrumento integrador do corpo que comunica. Ou quizais un corpo que comunica con conciencia.

A través de secuencias coreográficas, pautas de improvisación, xogos, dinámicas de grupo e anotacións imos sentindo e recollendo aquilo que nos fai mover de forma máis libre.

Daniel Abreu

Bailarín e coreógrafo, é licenciado en Psicoloxía pola UNED. Recibe o Premio Nacional de Danza 2014 na categoría de creación. Dirixe a súa propia compañía fundada en 2004 en Madrid. Dende entón creou uns corenta traballos coreográficos presentados en festivais nacionais e internacionais, así como colaboracións con outros creadores e compañías. Imparte clases en teatros, festivais e centros de formación en Europa, Asia e América, enfocando o corpo non só dende a técnica senón tamén dende a expresividade e o psicolóxico.
abreu

Datas anteriores

24 de xullo - 28 de xullo
/// 10.00 - 14.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)