Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TALÍA TEATRO en coprodución co CDG: Os mortos daquel verán

Dirección: Artur Trillo
Autoría: Carlos Casares

Talía Teatro e o Centro Dramático Galego presentan unha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, Os mortos daquel verán.

A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso.

O pulo para acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son as forzas que inspiran esta proposta escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraordinaria solvencia narrativa.
Ficha artística:
Elenco: Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, Artur Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos e Xurxo Barcala
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Fernando Fraga
Produción executiva: Áurea Ferreiro
Duración: 90 minutos
Idade recomendada: N.R.M 13 anos

os_mortos_dalquel_veran

Datas anteriores

18 de maio
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

16 de maio - 18 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 7 euros (5 euros: estudantes, xubilados, maiores de 65 anos, usuarios do carné xove, desempregados, familias numerosas, grupos a partir de 10 persoas, xornalistas e profesionais das artes escénicas).

16 de maio
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)