Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

GALICIA ESCENA PRO 2017


Galicia Escena PRO (GEP) é o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, esta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.

Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial do sector, así como a proxección social da creación escénica. Con estes mesmos obxectivos como meta, celebra a súa cuarta edición do 12 ao 15 de xuño de 2017.

Programación no Salón Teatro:

Luns 12
22.30h
Tropical
ELEFANTE ELGANTE
Adulto, 75 min.

Martes 13
13.00h
Emoticores
LAS TRICOTOUSES
Infantil, 50 min.

14.15 h
Encontro asistentes a Galicia Escena PRO

16.30 h | na Biblioteca
Presentación da plataforma Chivatos a cargo de FAETEDA

22.30h
Ulises e a nena durmida, segunda travesía
ÁNXELA BLANCO
Adulto, 50 min.

Mércores 14
10.00 h | na Biblioteca
Reunión da xunta directiva da Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública (reunión de carácter interno)

16.30 h | na Biblioteca
Presentación da XX Feria de Teatro de Castilla y León

22.30h
Resaca
ILMAQUINARIO TEATRO
Adulto, 70 min.

Xoves 15
22.30h
Helena: xuízo a unha lurpia
TEATRO DO ATLÁNTICO
Adulto, 60 min.
Documentos relacionados:
GEP_2017

Datas anteriores

12 de xuño - 15 de xuño

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)