Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

APORÍA TEATRO: 30 e Tantos Ósos

Dirección: Diana Mera
Texto: Teté García, Diana Mera e Merche Pérez. A partir de materiais de creación colectiva

30 e Tantos Ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar os seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.

A peza está estruturada en cinco cadros que pretenden facer un percorrido metafórico por toda unha vida para poder atopar as chaves que nos permitan desfacernos de todos os medos, condicionantes e ataduras sociais que nos impiden expresarnos con liberdade, recuperar o noso potencial máis vital e salvaxe, desterrar a obediencia e a submisión facendo fincapé naquelas ataduras que arrastramos polo feito de ter nacido mulleres nunha sociedade patriarcal ata a medula.

Aporía é unha compañía emerxente que busca explorar o universo da muller e encontrar a súa propia linguaxe artística por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos, empregando o xogo e o humor, sen esquecer a palabra e a poesía.
Ficha artística:
Elenco: Teté García, Diana Mera, Merche Pérez e María Roja
Escenografía e iluminación: Diego Valeiras
Vestiario: Aporía Escénica

Ligazóns relacionadas:
30etantososos

Datas anteriores

5 de marzo
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 5 € (día do espectador).

2 de marzo - 4 de marzo
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 € | 6 € (persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, carné xoven, familia numerosa, profesionais das artes escénicas ou do xornalismo).