Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

PABLO FIDALGO: Daniel Faria

Texto/creación: Pablo Fidalgo
Elenco: Pablo Fidalgo e Tiago Gandra

O tema central da vida de Daniel Faria foi o compartir. Compartir a palabra, a amizade, a poesía e a fe. Pero tamén compartir o teatro, onde el atopou unha linguaxe única. Daniel escolleu unha vida apagada, pero a súa obra enteira é unha resposta á palabra de Deus, afirmaba un compañeiro do mosteiro de Singeverga. Non imaxinas como brillaba cando actuaba, cando saía a escena transformábase, dicía outro. Nel existía a necesidade de representación. E precisamente a partir da representación enténdese a fe. Se a fe está nalgún lugar, está no rito e non na doutrina. A fe é unha forma de facer e actuar, unha presenza, unha actitude. Así, aparece neste espectáculo, onde os corpos vólvense arquivo e memoria deses xestos de fe, desas distintas formas de bailar, desas distintas formas de preguntar: aceptarás ser tocado, estás dispoñible? Daniel Faria, a vida apagada acendeuse.
Ficha artística:
Luz: Nuno Figueira e Pablo Fidalgo
Asesoría Artística: Vítor Roriz e Gabino Rodríguez
Tradución: Inês Dias
Fotografía: Tiago Gandra
Apoio á creación e produción executiva: Amalia Area
Produción e difusión: Sofia Matos/Materiais Diversos
Coprodución: Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa, Centro Dramático Galego e Teatro Municipal Rivoli (Porto)
Co apoio de: Teatro Municipal Campo Alegre (Porto), Azala (Álava), Câmara Municipal de Lisboa e Polo Cultural Gaivotas, Largo Residências (Lisboa)
Espectáculo en portugués

daniel_faria

Datas anteriores

29 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 5 € (día do espectador).

26 de xaneiro - 28 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 € | 6 € (persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, carné xoven, familia numerosa, profesionais das artes escénicas ou do xornalismo).