TALÍA TEATRO: Pelos na lingua
Autoría: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende
Dirección: Avelino González
Trátase dun divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.
Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo, independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.
Esta comedia, dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de
Bicos con lingua, pero non se trata dunha continuación da liña argumental, senón que se trata o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta volta tratando de darlle un enfoque distinto.