Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CANTOS DE POETA: Gelria

Texto, dirección e escenografía: Gelria

Este concerto presenta o libro disco Cantos de Poeta, primeiro traballo da banda Gelria. Trátase dunha antoloxía na que atopamos catorce dos principais poemas da lírica galega de todos os tempos postos en música por Gelria, que nos fan viaxar dende o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalía de Castro ata escritores dos nosos días como Xosé Luís Méndez Ferrín ou Chus Pato. Cada autor e cada peza determina o seu propio estilo musical, dende a música tradicional ata a contemporánea, pasando polo jazz.

A voz en off de Manuel Rivas, que recita poemas propios escritos especialmente para esta ocasión, serve como introdución ás cancións que conforman esta antoloxía.
Ficha artística:
Voz en off: Manuel Rivas e Ana San Martín
Voz: Elena Tarrats
Piano: Federico Mosquera
Percusión: Mario G. Cortizo
Contrabaixo: Pablo Pérez Sanmamed
Con colaboradores sorpresa

gelria

Datas anteriores

27 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 8 € anticipada | 10 € billeteira.