Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ELEFANTE ELEGANTE: A danza da choiva + Taller do son

GRAN TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS

Autoría, dirección e escenografía: María Torres e Gonçalo Guerreiro

Chove. A auga da choiva é recollida en recipientes de metal espallados polo espazo. Escoitase un galo cantar. Chegan dous personaxes. Recollen verduras da horta e semellan cereais. Espantan un bando de paxaros que tenta comer as sementes que acaban de botar á terra e chantan un espantallo na horta para protexer o cultivo. Ao regar, decátanse de que non lles queda auga. Agardan que chova, pero non chove...

O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto. Bailan unha "Danza da choiva" coa esperanza de facer chover. Choverá?

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a Danza da choiva, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques.

Prezo da localidade: 8 €
Prezo familiar: 3 entradas para o mesmo espectáculo 18 €
Bono: 4 entradas (para calquera dos espectáculos) 24 €
__________________

Taller do son
Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes no taller de son, que se desenvolverá 2 horas antes desta función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!

Número de prazas dispoñibles: 30
Gratuítos para os bonos. 5 € fóra de bono

__________________
Ficha artística:
Elenco: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Iluminación: Dani Pais
Música: Mano Panforreteiro
Vestiario: Marcia Edletisch
Coreografía: Ánxela Blanco
Idade recomendada: a partir de 4 anos

a_danza_da_choiva

Datas anteriores

8 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 8 € | Prezo familiar: 3 entradas para o mesmo espectáculo 18 € | Bono: 4 entradas (para calquera dos espectáculos) 24 € e inclúe acceso gratuíto ao Taller do son

7 de xaneiro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 8 € | Prezo familiar: 3 entradas para o mesmo espectáculo 18 € | Bono: 4 entradas (para calquera dos espectáculos) 24 € e inclúe acceso gratuíto ao Taller do son