Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

PÉREZ & FERNÁNDEZ: O poder de Amabel + Taller de monicreques

GRAN TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS

Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez
Texto: Victoria Pérez, a partir de Érica Esmorís

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial Outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos; eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.

Peza de actores e monicreques. Os monicreques son Amigurumis, unha tendencia ou moda xaponesa que consiste en tecer bonecos mediante a técnica de crochet ou ganchillo.

Prezo da localidade: 8 €
Prezo familiar: 3 entradas para o mesmo espectáculo 18 €
Bono: 4 entradas (para calquera dos espectáculos) 24 €
__________________

Taller de monicreques
Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes no taller de monicreques, que se desenvolverá 2 horas antes desta función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!

Número de prazas dispoñibles: 30
Gratuítos para os bonos. 5 € fóra de bono

__________________
Ficha artística:
Elenco: Manu Fernández, Victoria Pérez, Érica Esmorís (voz en off) e Xosé Leis (voz en off)
Creación de amigurumis: Irene Pidal
Escenografía: Jacobo Bugarín e Xosé Leis
Música: Mathew Ward e Xabier Romero
Espazo sonoro: Manu Fernández
Idade recomendada: a partir de 4 anos

o_poder_de_amabel

Datas anteriores

29 de decembro - 30 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 8 € | Prezo familiar: 3 entradas para o mesmo espectáculo 18 € | Bono: 4 entradas (para calquera dos espectáculos) 24 € e inclúe acceso gratuíto ao Taller de monicreques