Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

BERROBAMBÁN: Xurdefet + Taller da luz

GRAN TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS

Dirección: Chiqui Pereira
Texto: Paula Carballeira a partir de Jacques Prévert

Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensucias, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se... Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse, non querían xogar sen compañía.

Prezo da localidade: 8 €
Prezo familiar: 3 entradas para o mesmo espectáculo 18 €
Bono: 4 entradas (para calquera dos espectáculos) 24 €
__________________

Taller da luz
Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes no taller da luz, que se desenvolverá 2 horas antes desta función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!

Número de prazas dispoñibles: 30
Gratuítos para os bonos. 5 € fóra de bono

__________________
Ficha artística:
Elenco: Paula Carballeira, Nuria Sanz e Chiqui Pereira
Axudante de dirección e vestiario: José Campanari
Escenografía e iluminación: Baltasar Patiño
Música: Nacho Sanz
Asesoría coreográfica: Olga Cameselle
Idade recomendada: a partir de 6 anos

xurdefet

Datas anteriores

22 de decembro - 23 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 8 € | Prezo familiar: 3 entradas para o mesmo espectáculo 18 € | Bono: 4 entradas (para calquera dos espectáculos) 24 € e inclúe acceso gratuíto ao Taller da luz