Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

NASDROVIA: Illa/Ollo

Dirección: Roi Vidal
Texto: Roi Vidal, a partir de Manuel Lourenzo

O mariñeiro Ulises sofre durante o seu dificultoso regreso da guerra de Troia un decisivo naufraxio que o leva ata a cova do ciclope Polifemo, un malvado xigante dun só ollo que come todos os mariños do rei de Ítaca. Ulises refúxiase nun recuncho do antro do monstro protexido por Sileno, o rei dos sátiros, que vive dende hai tempo escravizado polo ciclope.

O conflito entre os dous personaxes está servido: Ulises pensa en escapar da cova para volver a Ítaca, onde o agardan a súa muller Penélope e o seu fillo Telémaco; Sileno está ben como está e non ve necesario saír dunha illa na que Polifemo lle dá todo o que necesita a cambio de servilo. Mais os dous personaxes poden chegar a un acordo para que Ulises poida escapar sen a necesidade de matar a Polifemo: cegar o seu único ollo cunha estaca ardente.

Está Ulises seguro de que quere poñer fin ás súas aventuras? E como comprender a actitude conformista de Sileno?
Ficha artística
Elenco: Gustavo Fouce e Simón Piñón
Escenografía e vestiario: Nasdrovia
Iluminación: Monroi Vipont coa colaboración de Coti & Javier Quintana
Idade recomendada: a partir de 13 anos

illa-ollo

Datas anteriores

16 de decembro - 17 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 € | 6 € (persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, carné xoven, carné de estudante, profesionais das artes escénicas ou do xornalismo).