Xornadas sobre Dramaturxia Galega
10:00 - 12:00 h
Mesa 4: TEATRO PARA NENAS E NENOS
Modera:
Fran Godón, dramaturgo, director de escena e actor
Relatores:
Paula Carballeira, dramaturga, directora de escena e actriz (Berrobambán);
Rosalía Fernández Rial, escritora e doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática;
Carlos Labraña, dramaturgo; e
Inacio Vilariño, dramaturgo, director de escena e titiriteiro (Fantoches Baj)
Na actualidade, o teatro para público familiar está sendo un dos máis proxectado dentro das categorías teatrais. No sentido estritamente dramatúrxico, as características propias deste teatro favorecen espazos de experimentación que fan del unha opción escénica a valorar como merece. Na outra cara da moeda atopamos o escaso teatro para adolescentes, un público aínda por conquistar. Nesta mesa trataremos de achegar claves para a promoción e creación de teatro infantil e xuvenil, así como a utilización do teatro como ferramenta pedagóxica. A inclusión do teatro de monicreques, categoría que non se circunscribe exclusivamente ao teatro infantil e xuvenil, pode ser un bo punto de partida para reflexionar sobre este xénero no panorama teatral galego.
12:30 - 14:30 h
Mesa 5 - MULLERES NA DRAMATURXIA
Modera:
Clara Gayo, dramaturga e actriz
Relatores:
María Armesto, dramaturga e directora de escena;
Marta Pérez, creadora, directora de escena e actriz (Inversa Teatro);
Mª Xosé Queizán, escritora; e
Vanesa Sotelo, dramaturga, directora de escena e actriz
Consideramos unha materia pendente escoitar ás dramaturgas nos seus procesos creativos, e analizar a influencia do sistema patriarcal na súa obra, pescudando en que maneira se reflicte na súa vivencia persoal e artística. Existe nestes momentos unha dramaturxia cunha perspectiva real de xénero? Ten xénero a dramaturxia?
16:30 - 18:30 h
Mesa 6 - URDIMES MÁIS ALÁ DO DRAMA
Modera:
Antón Lopo, escritor e editor
Relatores:
Antón Coucheiro, actor, director de escena e paiaso;
Javier Martín, investigador das artes do movemento;
AveLINA Pérez, dramaturga, directora de escena e actriz;
Xesús Ron, director de escena e actor (Chévere); e
Carlos Santiago, dramaturgo e director de escena
Observar o feito teatral desde perspectivas múltiples, coas lentes individuais dos profesionais que traballan máis alá incluso dos lindeiros dramáticos. Propostas que detectan as polarizacións e interveñen no escenario como auténticos movementos sociais. Propostas que hibridan para render maiores cotas de liberdade. Propostas que conteñen a respiración e logran observarse en posición póstuma. Tal vez sexa aí, nesas veladuras, onde poderemos albiscar as paisaxes que mañá transitaremos...
18:30 - 20:00 h
Relatorio derradeiro - Conclusións das xornadas
A partir das 20:00 h
Encontro final dos asistentes