Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Xornadas sobre Dramaturxia Galega


10:00 - 12:00 h
Mesa 1: EDITAR TEATRO, POR QUE E PARA QUE
Modera: Afonso Becerra de Bercerreá, dramaturgo, director de escena e profesor da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia
Relatores: Juan Luis Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións da Univesidade de Santiago de Compostela; Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia; Paco Macías, director de Edicións Positivas; Afonso Ribas, coordinador de Edicións Laiovento; e Manuel Vieites, coordinador da Biblioteca de Teatro da Editorial Galaxia

O argumento de que "o teatro non se edita porque non se le" xa non pode servir de excusa para eludir o compromiso das editoriais co teatro galego. Sabidas e coñecidas as dificultades para a venda e distribución das pezas teatrais editadas, cómpre facer unha reflexión co fin de atopar solucións e alternativas para a difusión da obra xa editada e por editar. Por outra banda, cómpre unha valoración das posibilidades que a aparición da Internet abriu ante nós, así como unha revisión dos modelos que rexeron a xestión das obras ata o de agora.

12:30 - 14:30 h
Mesa 2 - DRAMATURXIA E CRÍTICA LITERARIA
Modera: Zé Paredes, dramaturgo e director de escena
Relatores: Camilo Franco, crítico teatral; Inma López Silva, escritora, crítica teatral e profesora da ESAD; Roi Vidal, dramaturgo, director de escena, crítico e pedagogo teatral; e Manuel Xestoso, crítico teatral

Nos últimos anos vimos como a crítica de espectáculos recibiu un impulso renovador polo aparecimento (ou reaparecimento) de novas críticas e críticos, a través de blogs e algunha que outra publicación impresa, contribuíndo así a unha maior promoción dos espectáculos e tamén á formación de espectadores. No entanto, a escasa edición teatral provoca a ausencia de crítica literaria no ámbito da escrita dramática. Nesta mesa queremos indagar sobre os reflexos dunha crítica viva e variada no desenvolvemento da dramaturxia, da formación dos seus públicos e da visibilización da autoría teatral.

16:30 - 18:30 h
Mesa 3: TEXTO / PERFORMANCE: DRAMATURXIAS ESCRITAS / NON ESCRITAS
Modera: Julio Fernández, dramaturgo e director de escena
Relatores: Afonso Becerra de Becerreá, dramaturgo e director de escena estudoso do teatro; Cristina Domínguez, directora de escena e profesora da ESAD; Cándido Pazó, dramaturgo, director de escena e actor (Contraproducións); Marta Pazos, directora de escena e actriz (Voadora); e Ana Vallés, dramaturga, directora de escena e actriz (Matarile)

Trátase aquí de facer unha análise aberta da actualidade da escrita postdramática galega, os procesos creativos nalgunhas dramaturxias escénicas e as estruturas dramatúrxicas na danza e nas propostas performativas, así como a "contaminación" de novos (e vellos) soportes plásticos na dramaturxia: imaxe, artes plásticas, audiovisual... Existe a performance escénica? En que se converte a performance cando ten lugar nun escenario? Está rifada a plasticidade da performance co desenvolvemento dunha dramaturxia propia?
xornadas_dramaturxia

Datas anteriores

9 de decembro
/// 10.00 - 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Inscrición previa