POLIÉDRICA. Centenario da primeira visita de Lorca a Galicia
Con Carolina Alba (Radio3), Samuel Diz e Ian Gibson
Celébranse cen anos da primeira visita de Lorca a Galicia.
O profesor D. Martín Domínguez Berrueta organizou esta viaxe polo patrimonio histórico monumental do norte de España co obxectivo de que os seus alumnos descubrisen en primeira persoa a historia e a intrahistoria destes lugares. Así, hai agora cen anos Federico entraba en Galicia en tren pola ribeira do Miño cara Redondela, Pontevedra, Santiago, A Coruña e Lugo.
Das experiencias vividas nestas viaxes nace o primeiro libro de Lorca
Impresiones y paisajes`, e ese é precisamente o título do último traballo discográfico de Samuel Diz que presentará en concerto, seguido dunha conversa co hispanista Ian Gibson en torno a Lorca en Galicia, as súas impresións e amizades. Carolina Alba compartirá cos públicos a lectura de diferentes fragmentos desta obra literaria.
Será así como a música, a palabra e o coñecemento volverán a debuxar as tras partes dun todo: Federico García Lorca.