CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO: As catro estacións
Dirección: Mercedes Suárez
Bailaríns: Ailén Ramos, Inés Vieites, Elena Roses, Raquel Santacruz, Juan Miguel Hernández, Víctor Molina, Pastor R. Feal, Pablo Aradillas
O Centro Coreográfico Galego chega ao Salón Teatro coa súa nova produción
As catro estacións que, desde a danza, lle achega ao público unha ollada contemporánea da composición clásica de Antonio Vivaldi.
A responsable do Centro Coreográfico, Mercedes Suárez, asumiu a dirección desta nova produción co obxectivo de continuar a difundir a danza entre o gran público. Para isto, nesta ocasión propón unha recreación da popular obra de Vivaldi, coa que se establece un paralelismo coa paisaxe galega a través das coreografías deseñadas por Iker Gómez e Kenneth Tindall e das imaxes que se proxectan no escenario.
Ficha artística:
Música: Antonio Vivaldi
Coreografía primavera, inverno: Iker Gómez
Coreografía verán, outono: Kenneth Tindall
Escenografía: CCG
Deseño de luces: Alberto Casas
Fotografía e vídeo: Manuel Lemos
Documentos relacionados: