Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

MUSEO DO POBO GALEGO: Mostra de Cinema Etnográfico


Do 13 ao 18 de xuño celébrase en Compostela a 11ª Mostra de Cine Internacional de Cine Etnográfico organizada polo Museo do Pobo Galego. En total proxectaránse 20 filmes seleccionados de entre os 142 que chegaron á sección concurso.

Poderanse ver propostas que teñen como intención primordial mostrar aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais e os xeitos de vivir e de entender a vida no seo dunha comunidade. Abrangue filmes que teñen como foco principal as persoas, os grupos sociais ou procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía.

As proxeccións son en tres salas: no Museo do Pobo Galego, no Teatro Principal e no Salón Teatro. Neste último espazo, as proxeccións terán lugar os días 13, 14, 15 e 16 ás 20.30 e ás 22.00 h.

Luns 13

20.00h

BARATOMETRAJES 2.0. EL FUTURO DEL CINE HECHO EN ESPAÑA
Daniel San Román e Hugo Serra Andueza
España, 2014. 88’
V.O.
Radiografía do cine feito no estado español con orzamentos escasos e con menos recursos. Un cine feito e promovido dun xeito distinto.

21:30h

VIACRUCIS MIGRANTE
Hauke Lorenz
Alemaña, 2015. 61’
V.O.
El Salvador, Guatemala e Honduras, moitas persoas inician unha viaxe perigosa para cruzar a fronteira con EEUU. A través da peripecia dalgunhas delas faise un retrato deste particular viacrucis.

Martes 14

20.00h

DISTRICT ZERO
Pablo Iraburu, Jorge Fernández
Mayoral e Pablo Tosco
España, 2015. 63’
V.O.S.E.
Que se agocha no móbil dunha persoa refuxiada? As súas lembranzas e a memoria, a súa identidade e os contactos do mundo do que tivo que fuxir.

21:30h

A SEARA
Pepe Coira
Galicia, 2016. 82’
V.O.
A Seara aborda o proxecto de rehabilitación desta aldea do Courel nun intento de recuperala facéndoa atractiva para o turismo.

Mércores 15

20.00h

ALPUXARRAS
Rafael Toba
Galicia, 2015. 64´
V.O.
Alpuxarras cóntanos a repoboación das Alpujarras granadinas con colonos galegos, tras a expulsión dos mouriscos no século XVI. Levados á forza ate alí o documental analiza a lembranza que desa migración queda na zona así como tamén a pegada bérber en Galicia.

21:30h

EXTREMOS. VIAJE A KARUKINKA
Federico Molentino e Juan
Manuel Ferraro
Arxentina, 2015. 26’
V.O.
Tierra de fuego contén un presente de antípodas, de polaridades, de extremos. As paisaxes, flora e contrastada cidade en constante crecemento, ofrécense como lenzo para proxectar imaxes da comunidade selk´nam, convivindo así pasado e presente nun mesmo tempo narrativo. A través do mapping e da montaxe, o relato fai confluír rituais orixinarios e condutas contemporáneas.

STRANA UDEHE
Ivan Golovnev
Rusia, 2015. 26’
V.O.S.E.
Os pobos indíxenas do oriente de Rusia, sofren un despoboamento cada vez maior. É o mundo de Udehe.

BANGO
José Ramón Bas e Cinzia Giovanetton
República Democrática do
Congo/España, 2016. 30’
V.O.S.E.
O Espace Jarrot (Brazzaville), un espazo no que moitos mozos pasan varias horas cada día facendo unha intervención artística e transformándoo Outro grupo recibe tres cámaras handycam para gravar durante un mes situacións decididas por consenso sen que o equipo do documental interviñera.

Xoves 16

20.00h

LAS LÁGRIMAS DE ÁFRICA
Amparo Climent
España, 2015. 70’
V.O.
O mundo cotiá das persoas que viven de maneira clandestina despois de terse embarcado nalgunha "patera" para acadar o futuro co que soñan.

21:30h

OS DIAS AFOGADOS
Luis Avilés Baquero e César Souto Vilanova
Galicia, 2015. 83
V.O.
A película toma como fío condutor a historia de Paco Villalonga, veciño de Aceredo. Paco gravou a paulatina agonía dun dos lugares con máis vida de toda a Baixa Limia, causada pola construción do Encoro de Lindoso.

A entrada é de balde en todas as proxeccións.
mice

Datas anteriores

13 de xuño - 16 de xuño

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)