Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

GALICIA ESCENA PRO 2016


O Salón Teatro alberga de novo unha parte importante de Galicia Escena PRO (GEP), o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, sta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.

Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial do sector, así como a proxección social da creación escénica.

LUNS 6
16.30 h Presentación de MERCARTES
Na Biblioteca do Salón Teatro
Presentación do Mercado das Artes Escénicas-MERCARTES, que se desenvolverá en Valladolid do 9 ao 11 de novembro, cita indispensable para creadores, produtores, xestores de espazos escénicos, así como profesionais de empresas de equipamentos e servizos técnicos.

22.00 h Showcases (2 horas 30 min.)
Múltiple - ANTÓN COUCHEIRO
Voaxa e Carmín - BUTACAZERO
A vida das tormentas - COLECTIVO T.O.X.O
Falar sen cancelas - CULTURACTIVA
Give it a spin - PISANDO OVOS

MARTES 7
12.30 h Showcases (2 horas 30 min.)
Unhas gafas como as do avó - A TRASTENDA DOS CONTOS
Pavillón Lino - CARAMUXO TEATRO
Volta á maxia - DANI GARCÍA
Invención - ODAIKO KREA
Os soños na gaiola - TÍTERES ALAKRÁN

14.45 h Encontro asistentes a Galicia Escena PRO

22.00 h Raclette
IBUPROFENO. TEATRO. Adulto, 75 min.

MÉRCORES 8
16.30 h Encontro de gestores culturais a cargo da AGPXX
Na Biblioteca do Salón Teatro
Presentación das liñas de traballo da asociación orientadas aos traballadores da xestión cultural.

22.00 h Foucellas
TALÍA TEATRO. Adulto, 85 min.

XOVES 9
22.30 h Eroski Paraíso
CHÉVERE. Adulto, 90 min.
Ligazóns relacionadas: Documentos relacionados:
galiciaescenapro2016

Datas anteriores

6 de xuño - 9 de xuño

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)