VOADORA: Calypso
Dirección: Marta Pazos
Texto: Fernando Epelde
R G e B son as cores que conforman o espectro da túa realidade, pero tamén son os nomes dos protagonistas de "Calypso". Obreiros entre dimensións que fabrican as contornas do noso mundo antes de que nos levantemos cada mañá para velo. Un labor complicado, especialmente agora que han de crear unha paisaxe nos albores dun cambio. Unha realidade baixo aviso de derrube.
Voadora elabora nesta ocasión o escenario dunha gran despedida, elegante e extravagante.
A fin dun sistema. Das relacións tal e como as entendiamos ata o momento, da intimidade ou da arte, fronte á perspectiva dun abismo descoñecido, ao que se enfrontan con curiosidade.
Ficha artística:
Intérpretes: Jose Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres
Música: Jose Díaz e Hugo Torres
Iluminación: Rui Monteiro
Escenografía: José Capela
Edición de impresións: Antonio MV
Vestiario e maquillaxe: Fany Bello
Sastras: Cloti Vaello e Ana Piñeiro
Máscaras: César Lombera
Contrución Lego: Marcos Vilariño
Contrución réplica Duchamp: Xandra Costas
Xefe técnico: Iván Casal
Fotografía: Tamara de la Fuente
Asistencia de dirección: Gisela Matos
Apoio á creación: Diego Anido
Tradución: Carlos Losada
Produción: Jose Díaz
Espectáculo creado en residencia aEspectáculo creado en residencias artísticas na Sala Roberto Vidal Bolaño da USC e no Auditorio de Rianxo.
Un espectáculo VOADORA en coprodución co Concello de Rianxo, co apoio da Agadic e coa colaboración de Universidade de Santiago de Compostela, Pousadas de Compostela e Restaurante A Flor.
Espectáculo seleccionado polo Circuíto da Rede Nacional de Salas Alternativas 2016.
Duración do espectáculo: 60 min
Xénero: Teatro Contemporáneo
Recomendación de públicos: Maiores de 12 anos
Ligazóns relacionadas: