PIRILAMPO: Teatro de Guiñol
Teatro de Guiñol é un espectáculo musical de Pirilampo, un grupo de música pensada para os máis pequenos. Desta volta, achégannos a obra de Manuel María, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2016.
O disco presenta unha escolma dos versos máis retranqueiros e festivos de Manuel María, o que xa constitúe un garante de éxito entre o público ao que se destina. Compilados dos poemarios
As rúas do vento ceibe,
Os soños na Gaiola e
Terra Chá, os once temas que conforman o álbum foron musicados por Pirilampo.
A natureza,
O vento,
A fala,
Anduriñas,
Neve ou o propio
Teatro de Guiñol, que lle dá título ao álbum, son só algúns dos poemas escolmados, nesta ocasión, para o gozo de grandes e pequenos. Poemas atemporais para ser contados e cantados.