Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

SANTIAUTOR 2016: Adriana Moragues & Elvira Sastre


Poesía e música nun espectáculo único.

Elvira Sastre é escritora e autora de tres libros de poesía, "Cuarenta y tres formas de soltarse el pelo", "Baluarte" e "Ya nadie baila". Adriana Moragues é cantautora (presenta "Vértices", o seu primeiro traballo) e ilustradora.

Xuntas teñen un proxecto artístico-literario, Acualírica, que casa a poesía de Elvira coas acuarelas de Adriana, e o seu espectáculo de música e poesía en directo colga o cartaz de aforo completo en case todas as súas citas.

Contan con decenas de miles de seguidores nas redes sociais e lideran as listas dos libros máis vendidos do país.
Adriana Moragues & Elvira Sastre

Datas anteriores

2 de abril
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Venda anticipada 8€ | Na billeteira 10 €