Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Concerto de Xosé Constenla


Xosé Constenla (Compostela, 1980) presenta o seu cuarto traballo discográfico, titulado Virada por Avante, cun concerto especial no que estará acompañado por unha banda de músicos composto polo produtor e arranxista do disco, Fredi Marugán, ás guitarras; polo pianista Javier Constenla, por Pablo Pérez no baixo e polo batería Andrés Rivas.

En Virada por Avante atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano.

Sen dúbida, trátase do álbum máis maduro, persoal e sofisticado de Xosé Constenla, no que participaron artistas e técnicos tan recoñecidos como Javier Bergia e Oscar Herrador (Stateroom Studios). Destaca o traballo realizado por Fredi Marugán, produtor e músico de gran traxectoria que ten traballado con artistas como Serrat, Miguel Ríos, Luz Casal ou Ismael Serrano, entre moitos outros.
Xosé Constenla: voz, guitarra clásica, guitarra acústica
Fredi Marugán: guitarra clásica, guitarra acústica
Javier Constenla: teclados
Pablo Sanmamed: baixo e contrabaixo

constenla

Datas anteriores

12 de marzo
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)