Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

A PANADARÍA: Panamericana

Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman

Panamericana é unha comedia con sabor a guiso tropical. Un musical no que tres actrices interpretan 24 personaxes.

Miranda Celia del Río, é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu laberíntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.

Panamericana fala dun sistema perverso e dos soños rotos dende unha óptica optimista e divertida. Unha festa teatral de cor, pluma e música.
Ficha artística:
Idea orixinal / texto: Areta Bolado
Música orixinal: Ailén Kendelman
Iluminación: Montse Piñeiro
Construcción monicreque: Iria Roibás Esteve
Deseño vestiario: Uxía P.Vaello
Confección vestiario: Vaello
Imaxe gráfica: Noelia Castro
Fotografía: Pilar Abades
Vídeo: Pilar Abades e Illa Bufarda
Asesoría en movemento: Laia Oliveras
Asesoría en manipulación: Alba Grande
Formación en maxia: Sara Rodríguez
Formación en literatura: Gabriela Rivera

panamericana

Datas anteriores

21 de febreiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Día do espectador: 5 €

20 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 € | 6 € (persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, carné xoven, carné de estudante, profesionais das artes escénicas ou do xornalismo)