A PANADARÍA: Pan! Pan!
Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Pan! Pan! é unha parodia, con música vocal en directo, dos
westerns americanos. Conta a historia de Harry, un
cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.
En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do
Far West, haberá
whisky, balas e
country. Amor e vinganza a partes iguais!
Este espectáculo recibiu o Premio da Crítica Galicia 2015, así como o primeiro premio Xuventude Crea 2013. Tamén Areta Bolado obtivo o Premio María Casares 2015 á Mellor Actriz Secundaria.