A ESCOLA DA NOITE: A Canoa
Dramaturxia e dirección: Cándido Pazó
A Canoa (
A Piragua, título orixinal) foi escrita e presentada por primeira vez en Santiago de Compostela en 2007, nunha produción do Centro Dramático Galego. A partir dunha historia medio absurda -o desconcerto dun home co feito de que un veciño garde unha canoa no seu garaxe-,
A Canoa afonda no problema da violencia doméstica e na forma en como se relaciona co conxunto de normas, máis ou menos explícitas, en que todos nos movemos.
Ficha artística
Tradución: Cándido Pazó e Sofia Lobo
Elenco: Igor Lebreaud, Maria João Robalo, Miguel Magalhães, Ricardo Kalash, Sofia Lobo
Escenografía: João Mendes Ribeiro e Luisa Bebiano
Figurinos, atrezo e imaxe gráfica: Ana Rosa Assunção
Iluminación: Afonso Castro
Música: Manuel Riveiro Hermo
Vídeo: Eduardo Pinto
Asistencia de dirección: Cristina Janicas
Voz-off: Catarina Moura
Montaxe e operación técnica: Rui Valente e Zé Diogo
Produción: Pedro Rodrigues
Asistencia de produción: Nilce Vicente
Datas anteriores
28 de xaneiro
/// 20.30
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 € | 6 € (persoas desempregadas, maiores de 65 anos, xubiladas, carné xoven, carné de estudante, profesionais das artes escénicas ou do xornalismo) | Tarifa especial a grupos escolares (organizados con antelación): 3 € / alumno