Galicia Escena Pro 2015
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (Agadic)
22:00 h
Presidente | TEATRO DO MORCEGO
80 minutos
En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o Presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente aos votantes
nas súas casas para convencelos de que o voten.
Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do Presidente: unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o Presidente disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.
Conseguirá o Presidente o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos? Coñecerán o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política: Presidente.
Ficha técnica:
Autoría: José Prieto
Dirección: José Prieto
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: David Deive
Son: Anxo Graña
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Anxo Graña
Elenco: Federico Pérez, Celso Parada, Iolanda Muíños, Mercedes Castro e César Goldi