Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Galicia Escena Pro 2015

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (Agadic)

11:00 h ENCONTRO
II Encontros COFAE co sector
Organiza: COFAE, Coordinadora de Ferias de Artes Escénicas del Estado Español
Lugar: Biblioteca do Salón Teatro
Encontro non aberto ao público

Segunda edición dos encontros co sector das artes escénicas do Estado español co obxectivo de coñecer as novas necesidades e problemáticas que afectan ao sector e realizar unha análise comparativa entre a situación das
feiras no ano 2008 e a actual.

Que mudou dende aquela?, escoitamos as necesidades do sector?, imos polo bo camiño?… son algunhas preguntas de partida destes encontros.

13:00 h SHOWCASES (1 hora 40 minutos)

Non toques os meus círculos | ARTELLO TEATRO
Xurdefet | BERROBAMBÁN
Manawee | MATRIOSHKA TEATRO
Baraka | MAGO XACOBE

14:45 h
Encontro asistentes a Galicia Escena Pro

22:00 h ESTREA (75 minutos)

Unhas poucas picadelas | TEATRO DE NINGURES

Unhas poucas picadelas afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres. Non hai unha historia concreta, convidándonos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando
vidas.

O detonante da peza é un recorte dun xornal que narra a nova do que foi un asasinato dunha muller por parte da súa parella. Isto deu lugar ao cadro homónimo de Frida Khalo, no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo coitelo dun home que mira para ela. Destila o título a idea de que "non foi para tanto"; vaia, que non foron máis ca unhas poucas picadelas.

A partir dese elemento, a autora propón unha reflexión directa e intelixente sobre a cuestión, metendo o dedo na chaga de moitos dos tópicos que, por desgraza, seguen a amparar este tipo de comportamentos violentos.

Ficha técnica:
Autoría: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
Axudante de dirección: Pepa Barreiro
Tradución: Xosé Manuel Pazos
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Salvador del Río
Son: Anxo Graña
Vestiario: Julia Abal e Sonia Rúa
Música: Anxo Graña
Elenco: Casilda Alfaro, Machi Salgado e Pepa Barreiro
Ligazóns relacionadas: Documentos relacionados:
unhas_poucas_picadelas

Datas anteriores

4 de novembro

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)