BOCABERTA: A Tropa Trapalleira
Dirección: BocAberta
Elenco: Roi Méndez, Carla Capeáns e Beatriz Méndez
A Tropa Trapalleira, Rosiña, Laranxiño e Mariña, presentan
Pequena trapallada e algunha que outra batalla, un espectáculo para nenos e nenas de 6 a 99 anos, 100% dinámico e colorista que nos fai reflexionar sobre o absurdo da guerra e as súas consecuencias.
A través do traballo corporal dos actores que bebe da farsa e da Commedia dell' arte e apoiándose na música e na videocreación, constrúen un universo de diversión no que se poñen en valor cousas tan importantes como a amizade, o respecto, o compañeirismo e o amor.
Trátase dun catálogo de trapalladas bélicas que, a través do humor, pretende invocar á tolerancia e á solución pacífica dos conflitos como bálsamo necesario nestes inquedantes tempos armados.