Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

PISTACATRO: Desperta!

Dirección: Natalia Outeiro "Pajarito"
Elenco: Ariñe Azkue, Aitor Garuz, Manuel Lago e Óscar Páez

Desperta! é un espectáculo de novo circo que afonda na identidade individual, no que nos iguala e no que nos diferencia, no que transcorre na intimidade dun baño cando ninguén mira. Unha historia cotiá do universo fantástico de persoas que poderíamos ser calquera de nós. Ónde somos máis idénticos, e cando máis distintos? Realmente despertamos, ou somos a continuación dos nosos soños?

As habilidades circenses, a música en directo e a comicidade van da man en Desperta!, onde a técnica se pon ao servizo das emocións e onde a poética das imaxes nos fará viaxar por un mundo imaxinario e moi real.
Ficha artística:
Música orixinal: Fran Pérez "Narf"
Vestiario: Carlos Alonso
Escenografía: David del Rey "Fino"
Iluminación: Fidel Vázquez
Vídeo: Oroboro Films
Fotografia: Francisco Arnoso "Pixi"
Ilustración: Alberto Guitián
Produción: Belem Brandido, José Expósito e Rober Cerijo
Axudante de dirección: Antón Coucheiro

Desperta

Datas anteriores

11 de decembro - 12 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

9 de decembro - 10 de decembro
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)