Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

XIV Festival de Teatro Amador Agustín Magán


O Festival Agustín Magán regresa un ano máis a Santiago de Compostela cunha mostra do teatro amador que se vén realizando en Galicia. Entre os días 5 e 8 de decembro, o Teatro Principal e o Salón Teatro acollerán as obras finalistas da décimo cuarta edición do festival, promovido pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Santiago de Compostela.

No Salón Teatro desenvolveranse os seguintes espectáculos:

Sábado 5
Ás 21:00 h
TEATRO ARAMIO: Ulrike no deserto
Dirección: Fran Godón
Drama político para público adulto que trasladará o espectador ao ambiente de represión da República Federal Alemá dos anos 70.

Domingo 6
Ás 21:00 h
NOVA ESCENA TEATRO: In Pacem
Dirección: Xoán Carlos Laxe
Velorio en clave de comedia no que os asistentes descubrirán que o finado, un respectado membro da comunidade, talvez non era tan respectable.

Luns 7
Ás 21:00 h
AXÓUXERE TEATRO: A túa tenrura, Molotov
Dirección: Alejandro Albaiceta
A tenrura pode coas armas porque os sentimentos son sempre a mellor arma.

As entradas para cada un dos espectáculos poderán adquirirse a 4 euros nas billeteiras do Salón Teatro e do Teatro Principal, con opción a bonos de 12 euros para catro funcións.
xiv_agustin_magan

Datas anteriores

4 de decembro - 6 de decembro
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)