Galicia Escena Pro 2015
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (Agadic)
10:00 - 13:00 h SEMINARIO
"Estratexias dixitais para compañías de artes escénicas", a cargo de Pepe Zapata, socio e consultor de TekneCultura
Organiza: COFAE, Coordinadora de Ferias de Artes Escénicas del Estado Español
Lugar: Biblioteca do Salón Teatro
Internet, webs, blogs, redes sociais… transformaron radicalmente a forma de comunicarnos, especialmente cos nosos públicos. O doado acceso á información facilita que todos formemos parte desa gran conversación. E este
novo paradigma da forma de comunicarnos afecta á forma de comprender cales son as necesidades dos nosos seguidores, á estruturación dos nosos contidos e á maneira de conseguir a súa conexión e participación.
Esta nova realidade obriga a un esforzo por entender cal debe ser a nosa estratexia dixital, por adecuala aos nosos obxectivos e por optimizar os sistemas de medición dos seus resultados.
Os inscritos neste seminario, destinado a persoal de mercadotecnia e comunicación das entidades vinculadas ás artes escénicas, poden aplicar de maneira inmediata, con criterios estratéxicos, ferramentas e técnicas para optimizar a estratexia de comunicación, a través das redes sociais, sobre a presentación de proxectos e modelos de venda, buscando captar a atención e o interese do posible comprador.
22:00 h SHOWCASES (2 horas 30 minutos)
Ulises e a nena durmida | ÁNXELA BLANCO
Zugunruhe | ARTESACÍA
Os amos do mundo | BUCANERO
STRPTS//Episodio 1: Mirlo e Rula | COLECTIVO CINEMA STICADO
O furancho | IBUPROFENO TEATRO
Abrente | NOVA GALEGA DE DANZA